O equipo da biblioteca, Normalización lingüística e vicedirección elaboraron un pequeno vídeo para ver, escoitar e reflexionar sobre este tema. Non é un vídeo típico dos que facemos nos centros escolares, esta vez quixemos englobar a comarca, o pobo, que todos celebremos o Día da non violencia e da paz e nel veredes tamén incluidas as fotos da nosa mesa que vos colocamos na entrada anterior. Esperemos que vos guste.
Blog da biblioteca do IES "Agra de Raíces" de Cee (A Coruña) BIBLIOTECA VIVA
Mostrando entradas con la etiqueta día da paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día da paz. Mostrar todas las entradas
30/1/16
29/1/16
30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ
O
día 28 de Xaneiro, co motivo da próxima conmemoración do Día da Paz, organizamos unha
pequena exposición na mesa que temos habilitada na entrada do centro. Nesta, propoñemos unha serie de lecturas e
filmes directamente relacionados con esta data tan significativa, ofrecendo
ademáis unha pequena reseña de frases de persoeiros altamente relevantes da
nosa historia, como son Mandela, Gandhi e Luther King.
28/1/13
PAZLABRAS ENGAIOLADAS
PAZLABRAS ENGAIOLADAS é unha actividade organizada pola
biblioteca do IES "Agra de Raíces" de Cee para celebrar o 30 de
xaneiro, Día Escolar pola Paz.
No taboleiro que a biblioteca soe utilizar
na entrada do centro hai unha gaiola onde están presas as nosas Pazlabras esperando a que os alumnos
e alumnas as liberen. O xeito de liberalas é colgar no taboleiro unha foto
cuxa protagonista sexa esa palabra. Nada máis sinxelo.
Fai a túa foto, lévaa á biblioteca ou envíaa ao correo agraderaices@gmail.com e dinos cál é a Pazlabra que queres liberar. Se queres engadir novas Pazlabras ao listado, fai as túas suxestións por correo!
30/1/12
-violencia, + convivencia = PAZ!!!
Hoxe durante varias sesións de titoría proxectarase na biblioteca a curtametraxe X nada, dirixida por Toni Vega e Dani de la Torre. É unha curta de ficción na que se aborda o tema da violencia e está baseada en feitos reais, quédavos aquí un pequeno vídeo (parte I) da curta.
29/1/12
26/1/12
Nova entrada Día da Paz, 30 de xaneiro
Seguimos coa historia que estamos traballando en 2º de ESO, 1000 grullas pola Paz, colocamos un vídeo de esta bonita historia, disfrutádeo!!
23/1/12
Antonio Flores, NO DUDARÍA
As grúas da Paz
As alumnas e alumnos de 1º e 2º de ESO están facendo grúas, a parte de ter que facelas porque lles manda un profesor, coñecedes o porqué de facelas esta semana e por qué se chaman grúas da paz? pinchade na foto e lede a historia de Sadako Sasaki, igual a moitos vos anima a lectura a facer máis grúas e outros atopades a resposta a porqué os vosos compañeiros fan grúas estes días.
17/1/12
Sadako e as mil grúas de papel
Co gallo da celebración do día da paz, convidámosvos a ler este libro para que tomedes conciencia dos estragos dos conflitos bélicos; ademais animámosvos a practicar papiroflexia facendo grúas de papel.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




