Busca na biblio!

Mostrando entradas con la etiqueta concursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concursos. Mostrar todas las entradas

15/2/16

Concurso de Relatos Curtos Fundación Fernando Blanco

A Fundación Fernando Blanco vén de convocar un concurso de Relatos Curtos no que poden participar os alumnos e alumnas da ESO nunha das categorías. Os carteis informativos están no corredor e na porta de Biblioraíces e ademais deixámosvos aquí o enlace á convocatoria, animádevos a participar!!!

26/11/15

GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS DE TERROR DO SAMAÍN 2015


As pasadas semanas celebrouse o tradicional concurso de relatos de terror vinculados as celebracións do Samanín no noso centro.  O alumnado interesado entregou os seus relatos antes do día 3 de novembro e  o xurado, integrado polos profesores Montse Vila, Esperanza Videla e Miguel Blanco, publicoú a súa decisión o martes 10 de novembro.  Os diplomas foron entregados polo Dinamizador da Biblioteca o martes 17 de novembro as 12:05 durante o segundo recreo, se ven unha das gañadoras non poido asistir por atoparse enferma e recibiu o seu diploma uns días despois.  Ademais do Dipoloma de gañadoras, as afortunadas tamén teñen a oportunidade de disfrutar dun bono por valor de 20 euros en material escolar.

As alumnas premiadas foron:
-1º Ciclo da ESO:  Ana Guerra Redonda de 2º ESO C, co relato "O cazador".
-2º Ciclo da ESO:  Elisa Pradales Martínez de 3º ESO A, co relato "Baraja siniestra".
-Bacharelato e Ciclo:  Diana Fernández Domínguez de 1º BACH B, co relato "Día 8 de agosto".

Parabéns ás gañadoras!!






30/10/13

QUE MEDO MIMAAAAA!


Hoxe foi o noso día do Samaín. Todas as clases, que son bastantes, viñeron á biblioteca a escoitar contos de terror e a ver curtametraxes de medo. Manuel Iglesias Martínez, Érica Domínguez Pais, José Ángel Carballo González, Paula Insua Domínguez, María Santalla Martínez, Leticia Pose Bardullas, Paula Grille Atán, Samanta Túñez Keienburg, Mary Trillo Grille, Tatiana Louzán Morgade, Ayda Boullosa Lado e Laura Rivadulla Costa leron contos de autores galegos ou non (ver lista).



Tamén as gañadoras do concurso de relatos leron as súas obras ante os seus compañeiros; foron estas:

"La llamada de la muerte" de Elisa del P. Pradales Martínez (premio 1º e 2º ESO), "Bicos dun morto" de Samanta Túñez Keienburg (premio 3 e 4 ESO) e "Na rúa" de Cristina Beatriz Rodríguez Costas (premio 1º e 2º Bach.)


As curtas que seguiron foron:


"Sobre a morte do Bieito" de Judith Casas
"¿Juegas conmigo?" de Eduardo López Rodríguez
"La leyenda del espantapájaros" de Javier Escajedo



Na biblioteca celebrábanse dous sepelios, un dun morto adulto non identificado e outro dun pobre bebé atacado polo auténtico Alien "en persoa", segundo aseguraron os testigos.







Á cerimonia asistiron unhas 80 ou 90 cabazas talladas, que participaron nun concurso que gañaron:
"Made na Horta" de Alicia Sambade Mata. 
"Cabaza caníbal" de (fáltanos o dato, por agora).
"Araña asasina" de Lucía Oca Vázquez.



Non houbo infartos, pero berrooooooooos...

19/2/13

Certame de Poesía: Mulleres do noso tempo

O concello de Cee convoca o VI Certame de Poesía: Mulleres do noso tempo 2013 co obxecto de incentivar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. No poema entregado valorarase a orixinalidade, a transmisión de valores para mellorar a convivencia e a igualdade entre homes e mulleres.
Podes descargar as bases do concurso no seguinte enlace.
P.D: Só poden participar os maiores de 16 anos.

I Concurso de relatos curtos Fundación Fernando Blanco

A Fundación Fernando Blanco de Lema vén de convocar o 1º Concurso de relatos curtos destinado a alumnos dos centros educativos da comarca. Os nosos alumnos poden participar na Categoría B que se correponde a alumnos da ESO. Na seguinte ligazón están as bases do concurso para participar e o tema a tratar será a EMIGRACIÓN.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!

2/11/12

PARABÉNS ÁS GAÑADORAS DOS NOSOS CONCURSOS



A gañadora do Concurso de relatos de terror que a Biblioteca e o Equipo de dinamización lingüística convocaron este ano con motivo da celebración do Samaín foi Jennifer Romero coa luguesa historia de pantasmas Ela ou eu? Mary Trillo recibiu un accessit por O misterio das covas, crónica duns terribles sucesos que ao parecer aconteceron na nosa bisbarra en datas recentes.


Se queres ler estas narracións, poderalo facer moi pronto.

Tamén entregamos os premios ás gañadoras das distintas categorías do Concurso de cabazas talladas, organizado ademais polo Departamento de Educación Plástica e Visual; as mellores cabazas foron a sorrinte hortaliza de longas pestanas de Alexia Mariño, a verde e cucurbitácea obra de Fátima Outes e o morcego vexetal asasino de Judith Senlle.

Parabéns a elas por gañar e a todos os que participaron; grazas tamén ás colaboradoras.

Picando aquí poderás acceder ás fotos da terrorífica xornada que vivimos na nosa biblioteca o pasado mércores 31 de outubro.

23/2/12

Á volta coas máscaras

Xa podedes ver no corredor da entrada as máscaras feitas polas alumnas e alumnos de 1º e 3º de ESO. O Dpto. de plástica, en colaboración coa biblioteca, premiará as máis orixinais e bonitas.