2/11/12

PARABÉNS ÁS GAÑADORAS DOS NOSOS CONCURSOS



A gañadora do Concurso de relatos de terror que a Biblioteca e o Equipo de dinamización lingüística convocaron este ano con motivo da celebración do Samaín foi Jennifer Romero coa luguesa historia de pantasmas Ela ou eu? Mary Trillo recibiu un accessit por O misterio das covascrónica duns terribles sucesos que ao parecer aconteceron na nosa bisbarra en datas recentes.


Se queres ler estas narracións, poderalo facer moi pronto.

Tamén entregamos os premios ás gañadoras das distintas categorías do Concurso de cabazas talladas, organizado ademais polo Departamento de Educación Plástica e Visual; as mellores cabazas foron a sorrinte hortaliza de longas pestanas de Alexia Mariño, a verde e cucurbitácea obra de Fátima Outes e o morcego vexetal asasino de Judith Senlle.

Parabéns a elas por gañar e a todos os que participaron; grazas tamén ás colaboradoras.

Picando aquí poderás acceder ás fotos da terrorífica xornada que vivimos na nosa biblioteca o pasado mércores 31 de outubro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario