4/11/12

ASÍ FOI O TERRORÍFICO SAMAÍN NA NOSA BIBLIOTECA



O alumnado de ESO do noso instituto pasou polo túnel do terror (música espantosa, tumbas, vampiros, monstros, escuridade…) ata chegaren á biblioteca, que por mor dunha arrepiante metamorfose trocárase nun espazo horripilante cheo de caveiras, arañeiras, estraños personaxes, cabazas asasinas…

Alí escoitaron a compañeiros e compañeiras lendo diversas historias de medo, que foron Os difuntos falaban castelao, de Ánxel Fole, El corazón peludo del brujo, de J. K. Rowling, Ela ou eu, de Jennifer Rómero Martínez, gañadora do concurso de relatos de terror, e O misterio das Covas, de Mary Trillo Grille, que recibiu un accessit no concurso.

Os lectores foron as propias gañadoras do concurso (Jennifer Romero e Mary Trillo, de 4º de ESO) e máis o seguinte alumnado de cada un dos cursos cursos: de 1º de ESO, Carmen Ayala e Iván Fernández; de 2º de ESO, Carmen Mira e María Santalla; de 3º de ESO, Gabriel trillo, Alicia Romero, Xabier Rodríguez, Cristian Martínez, María Trillo e Sergio Lema (que fixeron unha lectura dramatizada); de 4º de ESO, Lúa Beiro.
Despois das lecturas, pasóuselles unha curtametraxe de terror e déuselles uns minutiños para que puidesen admirar as cabazas talladas polos seus compañeiro para a ocasión (e para participar no concurso de cabazas talladas).

Durante o segundo recreo, fixemos a entrega de premios ás gañadoras dos concursos.

Aquí podedes ver moitas fotos da terrorífica xornada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario