Busca na biblio!

Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas. Mostrar todas las entradas

3/6/15

Entrega de premios As Letras en foto

Esta semana levouse a cabo en Biblioraíces a entrega de premios do concurso de fotografías celebrado a semana das letras galegas. As gañadores están no post do día anterior.
PARABÉNS A TODAS E GRAZAS POR COLABORAR CON BIBLIORAÍCES!!

                                       


18/5/15

Letras Galegas en fotos!!

A iniciatica de Biblioraíces de facer visibles as letras galegas en fotos tivo unha maravillosa acollida entre o alumnado do centro. Moitos alumnos e alumnas enviaron fotos con libros en galego e con unha gran creatividade na escea.
Con esas fotos fixemos unha exposición no taboleiro da biblioteca, proxectamos na mañá do venres todas as fotos na televisión da entrada e hoxe recompilamos as mellores nesta proxección. Engadimos o maravilloso vídeo Presumo do Galego, esperemos que vos guste.

Grazas a todas e a todos por colaborar!!
As letras galegas en fotos!!

12/5/15

As Letras Galegas en foto

Aproveitando a idea de Equipaxe de man de celebrar O Día das Letras Galegas 2015 compartindo  con eles unha foto dun libro en galego nas redes sociais, Biblioraíces convoca un concurso de fotografías reais que teñan como protagonista principal un libro en galego. 
Enviade as vosas fotos ó correo electrónico agraderaices@gmail.com ou a inforfb@gmail.com e serán colgadas no tabolerio da biblioteca e proxectaranse ademais na televisión da entrada.
A autora ou autor da mellor foto elixida polo equipo da biblioteca será agasallado cun dos libros das fotos, se pode ser, co mesmo que estea na foto gañadora.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!
Veu visitarme o mar, Rosa Aneiros.
Lugar: Praia de Estorde, Cee.