28/1/13

PAZLABRAS ENGAIOLADAS



PAZLABRAS  ENGAIOLADAS é unha actividade organizada pola biblioteca do IES "Agra de Raíces" de Cee para celebrar o 30 de xaneiro, Día Escolar pola Paz.

No taboleiro que a biblioteca soe utilizar na entrada do centro hai unha gaiola onde están presas as nosas Pazlabras esperando a que os alumnos e alumnas as liberen. O xeito de liberalas é colgar no taboleiro unha foto cuxa protagonista sexa esa palabra. Nada máis sinxelo.


Fai a túa foto, lévaa á biblioteca ou envíaa ao correo agraderaices@gmail.com e dinos cál é a Pazlabra que queres liberar. Se queres engadir novas Pazlabras ao listado, fai as túas suxestións por correo!


PAZLABRAS: Amizade, Amor, Calma, Compañeirismo, Comprensión, Convivencia, Cooperación, Diálogo , Empatía, Harmonía, Honradez, Humildade, Lealdade, Liberdade, Paciencia, Paz, Respeto, Simpatía, Tolerancia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario