14/3/14

MULLER comeza por M

Para conmemorar o Día da Muller que se celebrou o 8 de marzo, biblioraíces participou nunha serie de actividades que se desenvolveron durante a semana pero quere que sigades realizando actividades a través do blog ou en papel relacionadas con este día. Para isto, elaborouse un encrucillado no que todas as palabras comezan con M de Muller e correspóndense con varias cuestións que teñen a súa solución na exposición Cen Mulleres Galegas  que está no corredor da biblioteca e que foi elaborada pola Biblioteca do IES de Ponteareas, grazas dende aquí.
Queda aquí o enlace ó encrucillado, se vos aparece un texto ó principio de que aínda o están revisando vós seguides igual, é un dato da web de aloxamento. Fixádevos que podedes elixir con ou sen temporalización.
Aparecerá algo parecido á foto, pinchades en resolver e adiante.
A desfrutar!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario