12/3/10

MORRE MIGUEL DELIBES: LE UN LIBRO SEU

O escritor Miguel Delibes, morreu hoxe, doce de marzo de 2010, aos 89 anos de idade. Á dereita podedes velo nunha foto de Miguel Gener.
A carreira literaria deste mestre das letras comezou en 1948 coa publicación de La sombra del ciprés es alargada (obra que obtivera o prestixioso Premio Nadal o ano anterior) e prolongouse durante seis décadas ata chegar ás 60 obras aproximadamente, entre novelas, libros de viaxes e diarios.

A enorme calidade da producción literaria deste amante da vella Castilla e da súa lingua popular fíxolle merecedor dos máis importantes galardóns en España, incluídos o Premio Príncipe de Asturias das Letras en 1982 e o Cervantes en1993.

Este licenciado en Dereito Mercantil exerceu de caricaturista antes que de escritor, e tamén publicou moitos centos de artículos xornalísticos en El País e en El Norte de Castilla, xornal da súa cidade do que foi director entre 1958 e 1963.

As súas grandes paixóns foron a literatura e a caza (sen esquecernos dos seus seres queridos), combinadas por el en varias obras mestras como Diario de un cazador ou Aventuras, venturas e desventuras de un cazador a rabo.

As relacións humanas, a perda do amor, o contraste entre a vida no campo e na cidade e as desigualdades sociais son outras das grandes preocupacións deste xenio que hoxe nos deixa.

Menos mal que podemos achegarnos á nosa biblioteca, aos andeis da novela en lingua castelá, coller algunha das súas mellores obras, como El Camino, El príncipe destronado ou Los Santos Inocentes -novela maxistralmente levada ao cine por Mario Camus en 1984, con producción de TVE e Ganesh Producciones Cinematográficas (ver foto)- collela en préstamo e lela... sen presas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario