15/10/10

MOITOS RECURSOS ELECTRÓNICOS

Todos os alumnos e alumnas do IES "Agra de Raíces" poden acceder libre e gratuitamente a unha chea de recursos electrónicos (algúns deles moi interesantes) entrando na páxina de RECURSOS ELECTRÓNICOS DO PROXECTO MEIGA e identificándose deste xeito, cando volo pidan:
CÓDIGO USUARIO = o voso número de lector (podédelo averiguar na biblioteca, namentres o centro confecciona os vosos carnés de alumnos ou alumnas).
CONTRASINAL = o voso apelido.
Probade e, se tedes problemas, dicídeo a Manuel Carande, dinamizador da Biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario