9/1/12

Estamos de novo aquí con boas noticias!!

Voltamos das vacacións do Nadal con unha boa nova, biblioraíces xa ten Club de Lectura, LIBROS COMA AREA será o nome do noso club, co que empezaremos canto antes. Dende a biblio pretendemos con isto fomentar entre o noso alumnado o hábito de ler, na idea de que a mellora pola súa parte de habilidades avanzadas de lectura optimice o seu desenvolvemento académico e o cualifique para afrontar os retos da sociedade moderna. Entre as actividades destacadas está a realización de lecturas conxuntas con Nautilus Club de Lectura da Bibliofernandoblanco.
Ilustración: Margarita Irene Marín. Banco de imaxes do Ministerio de Educación

2 comentarios:

  1. Parabéns pola creación do club. Oxalá teñamos un espazo común para achegar a vida dos dous centros. Unha aperta dende o Fernando Blanco.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas compañeiro, seguro precisaremos da axuda de Nautilus na nosa nova embarcación. Saúdos para a tripulación!

    ResponderEliminar