19/3/12

1812-2012


"LA PEPA"
LA CONSTITUCIÓN DE CÁDIZ
O 19 de marzo de 1812, en plena guerra da Independencia (1808 1814), as Cortes de Cádiz promulgaron a Constitución política da Monarquía española, á que o pobo denominou cariñosamente "LA PEPA" por ser promulgada o día de San Xosé. Fernando VII aboliuna ao acceder de novo ao trono cando finalizou a contenda e restaurou o absolutismo. A Constitución de 1812 é a primeira que establece en España A SOBERANÍA NACIONAL e A DIVISIÓN DE PODERES. A súa principal característica é a intención de introducir, fronte ao Antigo Réxime, unha nova e completa organización do Estado baseada en PRINCIPIOS LIBERAIS.
Hoxe celebramos o seu Bicentenario e para informarvos tedes no taboleiro do corredor da planta baixa uns artigos interesantes. Se preferides facelo dende aquí, o seguinte enlace proporciónavos datos moi útiles e para divertirvos con vídeos e imaxes, podedes facer uso dun popplet feito pola Coordinadora da Biblioteca do IES Fernando Esquío de Neda.
Gran traballo recompilatorio, moitas grazas e parabéns a Biblio FEsquío.

No hay comentarios:

Publicar un comentario