9/10/12

BIBLIOTECA ESCOLAR, ACELERADOR DE INNOVACIÓN

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de presentar o seu cartel anual para celebrar o mes da biblioteca escolar (outubro) baixo o lema BIBLIOTECA ESCOLAR, ACELERADOR DE INNOVACIÓN, como se pode ver no blog das Bibliotecas Escolares de Galicia.

Este curso o ilustrador é 
Andrés Meixide premiado e recoñecido guionista e debuxante galego que ten colaborado en publicacións como "Tempos", "Cielo Negro", "BD Banda" ou "Golfiño". Tamén é o autor de campañas publicitarias de centros comerciais de toda Galicia. Este debuxante une o seu nome aos de Manuel Lariño,  Miguelanxo Prado,  Marina Seoane e Emma Ríos  autores e autoras dos carteis doutros anos e colaboradores en varias campañas culturais da Consellería de Educación.

O cartel vén de chegar a todos os centros educativos de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario