24/10/12

El Roto (Ops, Andrés Rábago), Premio Nacional de Ilustración



O madrileño Andrés Rábago García comezou a colaborar como debuxante en 1968 (baixo o pseudónimo de Ops) en La codorniz, para seguir con Hermano Lobo e Por favor. Na actualidade, despois de colaborar en media ducia de xornais españois, leva anos en El País sacando cada día unha viñeta sempre aguda e comprometida (e en certas ocasións polémica), na que ataca despiadadamente a nosa "sociedade do benestar".

O Ministerio de Educación, Cultura e deportes outorga cada ano o Premio Nacional de Ilustración ao profesional desta arte que cada ano destaque máis no mundo do libro e das letras españolas.

A última obra de El Roto, proximamente na túa biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario