Así describen as nosas invitadas o seu espectáculo:
Como é un espectáculo de poesía, o título non é outra cousa
máis ca unha metáfora. Realmente son menos poemas cada unha e nós non temos
barba, non só hai poesía e hai moitas historias, algunhas que nos pasaron e
teñen que ver cos poemas e outras que nos contaron e veñen a conto dalgún verso.
Tamén hai cancións, as nosas preferidas e moitas ganas de compartir co público,
de xogar, de emocionarnos e divertirnos. Un recital de poesía que non é eso que
cres que é un recital de poesía de señores con barba.
Con dez poemas por barba, pretende chamar a atención
daqueles que miran a poesía de reollo. Porque para Lucía Aldao e María Lado
a lectura de poesía non pode ser algo que adormeza
o espectador. Partindo deste presuposto Aldao e Lado
presentan un recital de poesía ameno, dotado de ritmo e comunicación aberta co
espectador, no que este adquire ademais un papel activo. Durante o recital hai
música en directo, xogos, historias, momentos de reflexión… pero sobre todo hai
comunicación poética pura e verdadeira.
Os textos que compoñen o recital son poemas propios, creados
polas dúas poetas, algúns inéditos e outros recollidos en libros ou revistas. A
música, parte substancial do espectáculo, pona a guitarra e a impresionante voz
de Lucía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario