26/11/15

CONMEMORACIÓN DO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



O equipo da Biblioteca do IES Agra de Raíces, en coordinación co equipo de Dinamización Lingüística e Vicedirección, formou parte activa dos actos conmemorativos do 25-N e da labor de concienciación da comunidade educativa sobre este problema tan destacado na sociedade actual.
Alumnos de diferentes niveis colaboraron na  Biblioteca na elaboración dun cartel co lema "25N, eu tamén me solidarizo" que se colocou no taboleiro da entrada do centro, así como na confección dunhas pombas que, de forma simbólica, foron botadas pola fiestra da Bilbioteca atadas a uns globos morados no momento central do acto conmemorativo no noso centro, a modo de recordo das vítimas da violencia de xénero.






No hay comentarios:

Publicar un comentario