22/11/15

VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

Este venres e sábado celebráronse en Santiago as Xornadas de Bibliotecas escolares e Biblioraices estivo representada por varios profesores do centro que acoden anualmente a esta cita, que dende fai moitos anos, organiza a Asesoría de Bibliotecas escolares e o cafi.
Alí escoitamos propostas, intercambiamos opinións e ilusionámonos con proxectos que creemos biables para a nosa biblioteca.
Resaltamos o título da ponencia da foto: Bibliotecas escolares: pensar, facer e conectar.
Grazas un curso máis a ese gran equipo que conforman a asesoría de bibliotecas escolares galegas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario