19/11/15

XORNADAS DE FORMACIÓN DE NOVOS USUARIOS



Durante o mes de novembro organizamos unhas xornadas de formación de usuarios da Bibloteca destinadas ao novo alumnado do instituto. Así, os días 13, 14 e 16 de novembro, os 3 grupos de 1º da ESO pasaron unha sesión lectiva na Biblioteca na que se lles proxectou una presentación en PowerPoint sobre o funcionamento, normas, uso e posibilidades da mesma, despertando un interés crecente pola sua parte.  Tamén se lles propuxo algunha actividade de búsqueda de fondos para que familiarizaran con tódolos recursos dos que dispoñemos e fosen conscientes das posibilidades de uso que tiñan neste espazo.
Unhas xornadas, sen dúbida, enriquecedoras para todos e que fomentarán unha maior e máis responsable utilización da nosa biblioteca entre o noso novo alumnado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario