25/10/16

XORNADAS DE FORMACIÓN DE USUARIOS



Hola a todos de novo!

En Biblioraíces levamos máis de un mes traballando intensamente neste comezo do novo curso ao servizo da nosa comunidade educativa, e comenzamos as nosas publicacións no blog dando boa conta das novedades dos meses de setembro e outubro.
Durante os días 20 e 24 de outubro organizamos unhas xornadas de formación de usuarios da Bibloteca destinadas ao novo alumnado do instituto. Así, os 3 grupos de 1º da ESO pasaron unha sesión lectiva na Biblioteca na que se lles proxectou una presentación en PowerPoint sobre o funcionamento, normas, uso e posibilidades da mesma, despertando un interés crecente pola sua parte.  Tamén se lles propuxo algunha actividade de búsqueda de fondos para que familiarizaran con tódolos recursos dos que dispoñemos e fosen conscientes das posibilidades de uso que tiñan neste espazo.



Unhas xornadas, sen dúbida, enriquecedoras para todos e que fomentarán unha maior e máis responsable utilización da nosa biblioteca entre o noso novo alumnado.



Nestas imaxes vemos aos nosos alumnos de 1º ESO A amosando un grande interese polos nosos fondos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario