24/11/16

25-N: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Como todos os cursos, o 25 de novembro conmemoramos o  día contra a violencia de xénero.  Biblioraíces e o club de lectura Libros Coma Area, en colaboración con Vicedirección e outros departamentos do centro, participan activamente no desenvolvemento das actuacións encamiñadas á concienciación sobre este problema tan salientable  na sociedade actual.
No taboleiro da entrada, o clube de lectura confeccionou un completo mural con suxerencias bibliográficas e audiovisuais sobre o tema, completándoas tamén con outros materiais gráficos.  Mentres, alumnos de 1º BACH e 3º ESO seleccionaron algunhas letras de cancións e frases destacadas que posteriormente dispuxeron nas fiestras da subida ao primeiro andar.

Agardamos impacientes os actos organizados polos outros compañeiros para o día de mañá.




No hay comentarios:

Publicar un comentario