25/1/17

1º CONCURSO DE CALIGRAMAS POÉTICOS, CONMEMORATIVO DO 21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA POESÍA



BASES:
Biblioraíces, en colaboración cos Departamentos de Lingua Galega, Lingua Castelá e Vicedirección, convoca o 1º Concurso de Caligramas Poéticos para conmemorar o Día Mundial da Poesía, o próximo 21 de marzo.

1- Os caligramas recollerán de forma parcial ou total unha obra poética que, na súa disposición como caligrama, debe resultar lexible para o espectador. Recoméndase non escoller obras demasiado longas e utilizar unha letra non moi pequena.

2- O idioma das poesías será o Galego nos cursos 1º e 3º de ESO e o Castelán para 2º e 4º de ESO.

3- O formato será tamaño folio en disposición horizontal ou vertical.

4- Poderá utilizarse calquera motivo ou técnica artística que complemente o senso a estética das obras gráfico/literarias.

5- Os participantes poñerán o seu nome, apelidos, curso e grupo pola parte de atrás das obras.

6- A data límite de entrega será o día 15 de marzo, e poderedes entregalos aos vosos profesores de galego ou castelán e na Biblioteca do centro, na que haberá unha carpeta que poña "Caligramas" na mesa do bibliotecari@.

7- O xurado, integrado polos profesores Lourdes Raposo, Ana Belén Burgos, Montse Vila e Miguel Blanco fará pública a súa decisión o 21 de Marzo, Día da Poesía.

8- Establecese un gañador para cada un dos ciclos da ESO, que recibirá un diploma e un agasallo (ainda por determinar) o martes 28 de marzo no 2º recreo na Biblioteca do centro.

                                            Moitas grazas pola túa participación!

No hay comentarios:

Publicar un comentario