8/3/17

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

Un ano máis, conmemoramos este día tan significativo na nosa socidade na loita pola igualdade de homes e mulleres en tódolos ámbitos da vida.  Desde Biblioraíces colaboramos con Vicedirección, o clube de lectura e o Departamento de Música, na elaboración de materiais propios coa axuda do alumnado.  Continuando coa liña do pasado curso, algúns alumnos de 1º e 2º da ESO colaboraron na confección e colocación duns muráis recordando as grandes personalidades femeninas da historia da música, complementado os traballos xa feitos o ano pasado.  Como novidade, este ano adicouse un mural propio a unha compositora galega do século XIX cuxa figura estase a recuperar nos últimos anos: Eugenia Osterberger, tamén coñecida como Madame Saunier (o seu nome de casada), autora de varias obras para piano solo e para voz e piano, a meirande parte delas ainda sen publicar. Nas imaxes podedes apreciar aos nosos colaboradores confeccionando os traballos, pegándoos no corredor do 1º ciclo da ESO e o resultado.




No hay comentarios:

Publicar un comentario