29/10/20

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. AS NORMAS DA BIBLIO E A VARIEDADE LINGÚISTICA

"Miradnos. Estamos aquí. Dispuestas a movernos. No tenemos miedo."

Bebi Fernández, rubia

Neste día e a proposta da nosa compañeira de Lingua Galega Anxos Corral, o alumnado de 2º ESO elaborou unha listaxe coas normas que elas e eles consideraron que deben rexer o uso e goce da biblioteca do centro. A idea foi recoller as súas propostas e colocalas nunha das paredes da biblioteca. Ademais, como nas clases de lingua estudase variedade lingüística do mundo, pareceunos boa idea recoller palabras en distintas linguas que garden relación coas actividades e actitudes a desenvolver nunha biblioteca, como poden ser "silencio", "lecer" ou "fantasía". Estas palabras preséntanse nunhas cartolinas pequenas (tamaño billete de avión) penduradas do teito da sala principal da Biblioteca.


Algunha das cartolinas preparadas polo alumn@s


Os alumn@s de 2º ESO A


No hay comentarios:

Publicar un comentario