Desde o equipo da Biblioteca e toda a comunidade educativa do IES Agra de Raíces de Cee, queremos expresar o noso máis sentido pésame á familia e amigos así como rendir unha pequena homenaxe ao gran escritor natural de Vigo, Domingo Villar, que nos deixóu fai uns días. Con todo o noso cariño, preparamos esta pequena mostra á entrada da Biblioteca cos seus títulos máis representativos, así como estamos a facer o propio cunha presentación dixital que se está a proxectar na pantalla do hall de entrada do centro durante estes día. Descansa en paz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario