5/10/22

SAMAÍN 2022

 Fai uns días que, en coordinación có Club de Lectura "Libros como area", o ENDL e o Departamento de Lingua Galega,  estamos a preparar as actividades para o Samaín deste curso, que celebraremos o próximo 28 de outubro.

Xa temos en marcha tres concursos (microrelatos de terror, apócemas máxicas e cabazas) entre o alumnado e, nos días previos a celebración, acondicionaremos o espazo da biblioteca coa decoración axeitada, habilitando tamén un espazo para a exposición do concurso de cabazas e un photocall.

O día 28,  os rapaces e rapazas poderán vir disfrazados e, se o desexan, pasar nos recreos pola biblioteca para poder posar no photocall.  Ademáis, nas dúas última horas, o alumnado de 1º Bach leerá os seus mellores relatos (ambientados con música de fondo) aos rapaces de 1º e 2º da ESO.  Nestas últimas horas tamén aproveitaremos para entregar os premios de tódolos concursos e, os gañadores do concurso de apócemas farán unha dramatización coa elaboración das mesma.

Aquí vos deixamos os carteis dos 3 concursos do Samaín 2022:





No hay comentarios:

Publicar un comentario