2/11/22

17-O DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS

 Como ven sendo habitual, o 17 de outubro conmemoramos o Día das Mulleres Escritoras e, desde Biblioraíces, levamos a cabo diversas iniciativas coa axuda dalgúns dos departamentos e o alumnado.

Estanse a preparar diversos materiais en coordinación có Departamento de Música, como as presentacións dixitais sobre cantautoras nacionais e internacionais que están a facer as alumnas de 4º ESO, e os traballos sobre mulleres compositoras das diferentes etapas da historia da música que irá facendo o alumnado de 3º ESO ao longo de todo o curso.

Como adianto, aquí deixamos o enlace (clic na imaxe) a unha estupenda presentación dixital en Canva realizada por algúns dos alumn@s de 1º ESO A na materia de Proxecto Competencial onde amosan algún dos grupos de música pop femininos mais destacados do panorama actual, grandes "escritoras de cancións". Agardamos que vos guste:


E, a continuación, un enlace para que vexades algunhas das mellores presentacións sobre compositoras medievais e renacentistas do alumnado de 3º ESO, que fixo un gran traballo na busqueda de información e incluindo enlaces aos vídeos das obras mási salientables destas creadoras:




No hay comentarios:

Publicar un comentario