Ola a tod@s!
Vimos de celebrar o Samaín en Biblioraíces conha intensa actividade. Como xa sabedes, tiñamos en marcha diferentes concursos dos que xa coñecemos os gañadores, así como una celebración nas últimas sesións dos día 29 de outubre donde o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO poido escoitar os microrrelatos arrepiantes e as apócemas máxicas gañadores, disfrutar dunha actuación musical a cargo dos compañeiros de 1º BACH (Valeria e Lautaro) que interpretaron a peza "La llorona" e, finalmente, facer unhas fotos no gran photocall que tiñamos preparado na biblioteca.
Nestas primeira publicación sobre o Samaín 2022 quedades coas mellores apócemas máxicas, sendo as gañadoras:
-"Polo rebozado repele-sentidos" de Uxía Felpete (3º premio).
-"Como transformar un príncipe nun sapo" de Alba Grille (2º premio).
-"Amor verdadeiro" de Constanza Peralta (1º premio).
Na próxima publicación informaremos sobre os gañadores nas categorías de microrrelatos, cabazas e moitíximas cousas máis!
No hay comentarios:
Publicar un comentario