18/5/23

BIBLIORAÍCES AGORA É A "BIBLIOTECA CONCHA BLANCO"

Temos que dar unha das novas máis emotivas dos último tempos.  Acabamos da bautizar a nosa biblioteca co nome da gran escritora ceense Concha Blanco. Co motivo da celebración da festividade das Letras Galegas 2023, o pasado 16 de maio tivemos a honra e o pracer de recibir a escritora Concha Blanco no noso centro, donde impartíu unha conferencia sobre "O proceso creativo" para todo o alumnado de 1º BACH e todo o profesorado que tiña dispoñibilidade para asistir.  O equipo da biblioteca, en coordinación co equipo directivo (e previa aprobación do claustro e o consello escolar) tíñamoslle preparada unha gran sorpresa: bautizar o espazo da nosa biblioteca como "Biblioteca Concha Blanco", en recoñecemento a súa traxectoria no mundo da literatura galega e tamén como homenaxe á súa traxectoria educativa na nosa contorna, incluíndo moitos anos no IES Agra de Raíces (tras pasar polas escolas de Nemiña, Dumbría, Ézaro, Cee...)  A conferencia resultou de gran interese para tódolos asistentes e a sorpresa que levou a escritora ao final da mesma cando lle comunicamos que a biblioteca, desde ese día, levaría o seu nome, foi tan grande como emotiva, quedando moi agradecida por tal feito.

Fíxose a entrega dun ramo de flores por parte de dúas alumnas e descubrimos a placa conmemorativa que, por certo, foi deseñada pola profesora de Debuxo Laura Velasco e impresa no propio centro sobre madeira cunha impresora laser 3D.  Aquí deixamos algunhas imaxes deste día tan emotivo que xa quedará para sempre nas nosas memorias.  Grazas Concha Blanco por todo e, xa sabes: esta é a túa casa, a túa biblioteca.













No hay comentarios:

Publicar un comentario