10/5/23

LETRAS GALEGAS 2023

 Xa está moi preto unha das datas máis especiais do curso, o día das Letras Galegas no que, neste ano, homenaxeamos a Francisco Fernández del Riego.  Levamos semanas a preparar este día, no que teremos o inmeso pracer de contar coa gran escritora ceense Concha Blanco, ex profesora deste centro y boa amiga, que impartirá unha conferencia sobre "O proceso creatrivo" para os alumn@s de 1º de Bacharelato o día 16 de maio as 12:30 na biblioteca.  Xa adiantamos que haberá grandes sorpresas neste acto...

Por outra banda, estamos a preparar cos alumnos do Proxecto Competencial do 1º e 3º da ESO uns marcapáxinas conmorativos de Fernández del Riego para todo o alumnado de 1º e 2º da ESO, nos que se inclúe un retrato do autor e as portadas de 3 das suas obras. Estes seran repartidos entre o día 15 e 16 e terán asociado un concurso no que, o que teña un marcapáxinas especial (que daremos a coñecer posteriormente) e poida contestar unhas preguntas moi básicas sobre o autor, recibirá un agasallo en forma de vale para canxear "por un libro e algo máis" nunha librería da localidade.

Por outra banda, en colaboración có ENDL, e os profesores José Lago de Matemáticas y Laura Velasco de Debuxo, ideamos, confeccionamos y puxemos en marcha a "Gramola do Raíces", un aparello baseado nunha tablet na que se artellou un interface a modo de gramola dixital, onde toda a comunidade educativo pode escoller temas de música en galego en diferentes estilos musicais, incluindo unha sección de músicas baseadas en textos de Rosalía de Castro.  Esta tablet está conectada a un altofalante e integrada nunha "caixa" con forma de gramola e está ubicada á entrada do centro para uso e desfrute de toda a comunidade, que pode escoller a música do estilo que prefira durante os recreos.

Tamén temos expostos os fondos correspondentes a este autor na entrada da biblio, moitos deles de recente adquixición como "Pumardedón", "Lourenza", "Galicia", "Camiño andado" ou "Xeración Galaxía".  Deixámosvos unhas imaxes cos preparativos.

Aproveitamos tamén para expoñer na mesa da entrada as derradeiras novidades de banda deseñada en galego, unha colección que estamos ampliando especialmente neste curso e da cal teredes máis información na nosa próxima guía de novidades.

Alumnado de 1º ESO B confeccionando os marcapáxinas

Alumnado de 1º ESO A confeccionando os marcapáxinas

Os resultados...

Os nosos fondos de Francisco Fernández del Rieego

Novidades de banda deseñada en galego

A Gramola do Raíces

Detalle da interface da gramola





No hay comentarios:

Publicar un comentario