22/2/24

NOVOS ESPAZOS DE DESCONEXIÓN E NOVO EQUIPAMENTO

 Desde fai unhas semanas, o corredor da Biblioteca Concha Blanco e un lugar máis vivo, dinámico, un espazo de desconexión das novas tecnoloxías para o alumnado, sobre todo para aqueles que viñan facendo un uso excesivo dos dispositivos informáticos.  Nunha excelente iniciativa por parte da dirección do centro e có apoyo do equipo da biblioteca e o profesorado de garda, habilitouse o corredor con mesas, xanelas e xogos de mesa para ofrecer alternativoas máis saudables para todos aqueles alumnos e alumnas que así o desexen, xa que os recreos do centro deben ser un momento de desconexión e de lecer en tódolos sentidos.




Por outra banda, o equipo directivo e o equipo TIC acordaron o traslado da pantalla dixital concedida por Polos Creativos ao espazo da Biblioteca, considerando que podería darselle un aproveitamento moito maior tanto nas reunións dos organos colexiados do centro como en outras actividades desenvoltas na biblioteca como podan ser charlas, proxeccións de películas, obradoiros de idiomas, etc.  Moitas grazas por esta iniciativa que enriquece enormemente os nosos recursos materiais e as posibilidades de dinamizar este espazo de xeito moito máis diverso, xa que tanto a imaxe como o son melloran considerablemente respecto aos sistemas que tiñamos anteriormente.




No hay comentarios:

Publicar un comentario