Unha nova xornada festiva para o instituto e a Biblioteca Concha Blanco que conmemoramos cunha nova emisión desde Radio Agra. Para a ocasión, todo o alumnado de 2º ESO (por parellas) fixo unha escolma de cancións en galego, buscando información sobre os grupos/cantantes das mesmas e facendo un breve comentario temático. Como no podería ser doutra forma, incluímos algúns dos textos musicados da autora homenaxeada, Luisa Villalta. Unha vez seleccionados os mellores traballos, o mércores 15 de maio preparamos unha emisión especial onde un nutrido grupo de alumnos presentou as cancións traballadas na radio, así como tamén presentamos en primicia o novo tema do grupo Malleria "Tiven un cravo" un sensacional trabajo creado para a ocasión e que podedes ver e escoitar nas redes e no enlace que vos deixamos aquí:
https://www.youtube.com/watch?v=a-avlv91s4A
Estamos a traballar na edición dos materiais da radio para que podades acceder a eles antes de fin de curso.
Tamén, en coordinación có ENDL do centro, confeccionouse un Kahoot sobre Luisa Villalta que se puxo a disposición de tódolos departamentos para traballar nas clases e, por suposto, expuxose a cartelería oficial da xunta sobre a autora na cristaleira da subida das escaleiras ao primeiro andar.
https://create.kahoot.it/share/conecendo-a-luisa-villalta/e8fac6fe-e005-4374-8245-f4e486895f7a
No hay comentarios:
Publicar un comentario