3/12/24

Un 25-N moi especial

 Como xa adiantábamos, foron moitas y diversas as inicitivas nas que a Biblioteca e o Club de Lectura colaboramos para este 25-N 2024

Unha das máis destacadas foia a emisión especial desde Radio Agra, con moita música e unha entrevista destacada a unha veciña que traballa na policía autonómica catalana. Agradecer á profesoras Jenifer Espasandín polo seu traballo na realización e edición da entrevista. Aquí tendes un enlace á grabación do programa:

Emisión especial 25-N desde Radio Agra

Este mural levouse a cabo en colaboración coa profesora Ana Torres e as titorías da ESO.  Esta integrado por duceas de ás pintadas a man polos alumnos e alumnas e foi confeccionándose nos días previos ao 25-N tendo en conta as cores e a forma final, dando como resultado esta obra tan fermosa como simbólica:


Por outra banda, foron moitas as presentacións dixitáis que fixeron os alumnos de 2º ESO sobre músicas relacionadas coa violencia de xénero en diferentes idiomas. Deixamos enlace a algunhas das máis destacadas:

Música para o 25-N Mateo Vázquez

Músicas para o 25-N Martina Ozón

Músicas para o 25-N Ana Paz

Músicas para o 25-N Daniel Castro

Este mural das alumnas de proxecto competencial de 3º ESO xa luce no taboleiro do corredor da biblioteca:


Por outra banda, en colaboración coa materia de Oratoria, alumnas e alumnos de 4º da ESO redactaron e leron un manifesto, primeiro, no acto celebrado na entrada do centro as 11:30 da mañá, e logo no acto organizado polo Concello de Cee no salón de actos da Casa da Cultura. Agradecer á profesora Lara Trillo pola súa labor coordinando a redacción deste texto tan completo.

Neses mesmo lugares e momentos, os alumnos Uxía Santos e Mateo Vázquez, xunto có profesor Miguel Blanco, interpretaron a voz e guitarras o tema de Amaral "Salir Corriendo", cunha mensaxe moi claro e significativo para esta data:





No hay comentarios:

Publicar un comentario