4/2/25

ESPECIAL DÍA DA PAZ E DÍA DA CANDELORIA

Ola amigos e amigas da Biblio Concha Blanco, neste importante día levamos a cabo diversas inciativas en coordinación có ENDL do centro.

Comezamos cos paxariños realizadas por diferente alumnado da ESO con mensaxes de amor,  paz, tolerancia, respeto... e que están expostas no hall de entrada do centro como se pode ver nas fotos.

Tamén gravamos unha nova emisión especial de radio para o Día da Paz, da que pronto disporedes do enlace e donde incluimos un programa das alumnas do Proxecto Competencial de 3º ESO B con informacións sobre o pacifismo, o moviento hippie, la canción protesta dentro da música folk e varios temas musicáis relacionados con este día.

Por outra banda, tamén se está a preparar un gran mural sobre madeira reciclada en formato apaisado para decorar unha das paredes da biblioteca, proceso que rematará nos vindeiros días e que copia unha obra de estética urbana có lema "practice tolerance". Darémosvos boa conta do resultado final.





No hay comentarios:

Publicar un comentario