1/4/25

8-M E OS PODCAST DO CONCURSO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Para esta data tan especial, o equipo da Biblioteca estivo centrado na elaboración de 2 podscast que serán próximamente emitidos en Radio Agra e que foron presentados ao concurso de podcast de Bibliotecas de Galicia.  Dous grupos de alumnas de 3º ESO e 2º BACH fixeron uns maravillosos traballos en relación con este día da muller e tamén vencellados ao vindeiro día das Letras Galegas 2025 adicado as cantareiras e a cultura popular.

"Voces de muller: unha viaxe no tempo" e "Como peta a pandeIreta" pretenden poñer en valor a figura da muller no mundo da cultura en xeral e da música en particular, así como a relación entre literatura e música en diferentes momentos históricos da cultura galega, ademáis da vixencia da música galega no mundo pop.  Agardamos que vos gusten.   Deixamos enlace aos podcast e unhas fotos do traballo no estudo de Radio Agra.

"VOCES DE MULLER: UNHA VIAXE NO TEMPO"

"COMO PETA A PANDEIRETA"

Tamén destacar as presentacións dixitáis sobre mulleres compositoras do Barroco e o Clasicismo feitas polo alumnado de 3º ESO en coordinación coa materia de Música.  Deixamos enlace a algunha das máis destacadas;

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/3ZYLjtqABqtLJCQ









No hay comentarios:

Publicar un comentario