26/5/25

LETRAS GALEGAS 2025

 Moitas foron as iniciativas levadas a cabo en relación có Día das Letras Galegas 2025.

Comezamos coa presentación literaria, o xoves 15 de maio, de "Alicia no labirinto das sombras", unha novela xuvenil de Guadalupe Vázquez Formoso sobre acoso escolar.  Tivemos a sorte de contar coa autora nunha sesión para o alumnado de 2º ESO e que fixo unha maravillosa presentación, acompañada na parte final da orientadora do centro, Mariana, que abríu un pequeno debate entre tódolos asistentes:




En coordinación có ENDL do centro e colaborando có Departamento de Plástica, rescatamos unhas láminas de viñetas comentadas de Castelao, preparámolas cuns marcos de cartulina e preparamos unha exposición nas novas vitrinas da entrada do centro, cun resultado moi positivo como podedes ver nas fotos:




Tamén se fixeron varios podcast relacionados coa temática deste ano que, xunto cuns temas musicáis, formaron parte da emisión especial que se fixo dende Radio Agra o Martes 20 as 12:30 da mañá. Adxuntamos enlace a abalarvox aos contidos de audio:



 





No hay comentarios:

Publicar un comentario