Busca na biblio!

26/11/25

ESPECIAL 25-N: PRESENTACIÓN DE "A VOZ SILENCIADA" Y PARTICIPACIÓN NO ACTO DO CONCELLO

 O pasdo día 25N tivemos a sorte de contar no noso centro coa presenza de escritora Guadalupe Vázquez Formoso, que nos presentou a novela sobre violencia de xénero " A voz silenciada" ante o alumnado de 1º de Bacharelato.  Ademáis de reflexionar sobre a violencia machista e expoñer as liñas principais da sua obra, tivo o gran detalle de "sortear" coa simpatía que a caracteriza catro exemplares da obra entre os alumn@s.  Grazas Lupe pola presentación e polo teu compromiso coa educación e os problemas sociais que tanto nos afectan.  Lembremos que o curso pasado xa nos presentou a novela xuvenil "Alicia no laberinto das sombras" sobre o acoso escolar.

 


Por outra banda, unha representación do alumnado e o profesorado coordinados polo equipo de biblioteca e a profesora coordinadora de igualdade Ana Torres baixamos ao acto organizado polo Concello de Cee, no que participamos de forma activa:

-Alumnado de Oratoria de 4º ESO fixeron una exposición relacionada cós micromachismos.
-Proxectáronse algúns dos vídeos feitos polo alumnado de 2º ESO para o concurso "Rompe o silencio".
-Helena Canosa, de 3º ESO, fixo lectura dun microrrelato orixinal sobre o tema.
-Actuación musical con 2 temas a cargo de 4 alumn@s (Uxía Santos, Helena Canosa, Clara Delgado y Mateo Vázquez) e o profesor Miguel Blanco, como peche do acto.
Aquí tendes algunha foto e un vídeo do evento.  Grazas a tod@s pola vosa participación e o voso compromiso.





No hay comentarios:

Publicar un comentario