16/3/12

Mafalda xa ten 50 anos! Paren o mundo!


 Debuxo de Mafalda, tira cómica pertencente a Quino, realizado por Miguel Ángel Boitano

As reflexións desta nena preocupada pola paz mundial, pola liberdade, polo dereito de expresión e, en xeral, polos problemas reais dunha humanidade minimizada pola globalidade, o belicismo e o capitalismo, seguen a estar tan vivos que é difícil de crer que Quino non as estea a imaxinar cada día.

Se aínda non coñeces a Mafalda, ás súas preocupacións e compromisos, recomendámosche que devores as tiras publicadas dende 1964 ata 1973. Mentres tanto, podes ollar a páxina de Quino, o seu creador, os recentes artigos sobre o seu aniversario saídos en El País ou La Voz de Galicia ou algunhas das moitas páxinas que hai sobre ela.

E se xa a coñecías... Noraboa! Dime con quen andas...

1 comentario:

  1. Eu sí a coñecía, pasei anacos de tardes moi divertidos con ela, con Libertad,Miguelito...

    ResponderEliminar