4/4/17

ENCONTRO LITERARIO CON ANDREA MACEIRAS

Hoxe, 4 de abril, con motivo da celebración da nosa Semana Cultural, tivemos a sorte de contar coa visita da xoven escritora galega Andrea Maceiras, cuxa novela Europa Express foi lectura obrigatoria neste curso para os alumnos de 3º da ESO.  O Departamento de Lingua Galega, en coordinación con Biblioraíces e Vicedirección, convidou a esta talentosa autora para dar unha charla /coloquio aos nosos alumnos sobre a mencionada novela.  O plantexamento de Andrea para comezar foi un inxenioso spin off sobre Europa Express, desenvolvendo unha personaxe secundaria da mesma de forma brillante y dando orixe a continuación a gran variedade de preguntas por parte do alumnado sobre a xestación da obra, os procesos creativos, editoriais, etc.   Ao finalizar, a autora asinóu amablemente algúns exemplares da obra.
Grazas Andrea Maceiras por a túa enriquecedora visita.




No hay comentarios:

Publicar un comentario