2/5/17

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Con motivo da conmemoración do Día do Libro, Biblioraíces desenvolveu duas iniciativas complementarias que tiveron en común a participación activa do alumnado.

Por unha banda, entregamos en varios cursos da ESO unha ficha moi sinxela para que o alumnado fixese unha recomendación dalgunha lectura recente aos seus compañeiros (contos, novelas, banda deseñada…).  Nesta ficha debían indicar ademáis dos datos básicos da obra, un breve resumo e o porqué da súa recomendación.  A iniciativa foi ben acollida polo alumnado e recibimos 50 recomendación aproximadamente, que están sendo expostas na carteleira da Biblioteca na entrada do centro e no corredor de 1º e 2º da ESO.

As recomendacións dos alumnos na Carteleira da Biblioteca

As recomendacións dos alumnos no corredor do 1º Ciclo


Por outro lado, o clube de lectura organizou unha xornada onde dezaoito dos nosos alumnos de 1º de ESO e catro profesores e profesoras desprazaronse ao CEIP Eugenio López de Cee para levar a cabo unha actividade conxunta de lectura de poemas e posterior confeción de debuxos alusivos. 
A actividade realizouse en colaboración entre o noso club de lectura "Libros coma area!" e o Equipo da Biblioteca  do CEIP "Eugenio López".  Os alumnos do IES "Agra de Raíces" leron, no patio do colexio, para os alumnos de 5º e 6º de primaria do CEIP "Eugenio López" poemas dos libros Balea2 de Estevo Creus e de Amar e outros verbos, escrito por Ana María Fernández e con ilustracións de Xosé Cobas.
 Por otra banda, alumnos de 4º de primaria alternáronse cos nosos na lectura dos poemas do libro Dez piratas, escrito por Gloria Sánchez e con ilustracións de Montse Gisbert. Despois de ler, todos os alumnos  e alumnas realizaron debuxos relacionados coas lecturas.

Este encontro coa lectura foi aproveitado polo resto das clases do colexio para saír tamén ao patio e ler, por pequenos grupos e acompañados do resto do profesorado, outros libros e para facer máis debuxos, gozando do soleado e ventoso día.


No patio do Eugenio López cos alumnos de Primaria.





No hay comentarios:

Publicar un comentario