27/10/19

Decoración terrorífica e exposición de libros de medo no Samaín

O equipo da Biblioteca, en colaboración cos membros do club de lectura Libros coma area!, decidiu festexar de maneira conxunta o Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro) e a chegada do Samaín engalanando este espazo con múltiples adornos terroríficos. 











Ademais, organizouse unha exposición de libros de medo e misterio en galego, castelán, inglés e francés que poderá visitarse na biblioteca durante as vindeiras semanas. Animádevos a coñecer máis en profundidade este subxénero e a levar en empréstito algunha destas obras!





No hay comentarios:

Publicar un comentario