20/10/19

Sesión de formación de usuarios co alumnado de 1º ESO

Montse Vila, profesora de Lingua castelá e Literatura e membro do equipo da Biblioteca, preparou o pasado xoves, 17 de outubro, unha dinámica sesión de formación de usuarios para o alumnado de 1º ESO do IES Agra de Raíces. Ademais de amosarlles os distintos recunchos da nosa biblioteca e explicarlles as normas de uso e comportamento nos diferentes espazos que a integran, faloulles polo miúdo dos servizos que están á disposición de todos/as os/as usuarios/as.

Finalmente, os/as estudantes dividíronse en pequenos grupos para realizar diversas prácticas de búsqueda e localización de materiais e información, así como de empréstito, renovación e devolución de exemplares cos seus carnés e códigos de identificación. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario