24/11/19

Gañadores do concurso de relatos de terror

O xurado do Concurso de relatos de terror reuniuse o pasado 21 de novembro para revisar as propostas que o alumnado fixo chegar á biblioteca durante estas semanas. Tras as deliberacións pertinentes, deron a coñecer ese mesmo día na biblioteca os nomes dos gañadores correspondentes ás distintas modalidades. Son os seguintes:

Claudia Costa Casais (1º ESO C), gañadora do primeiro ciclo da ESO.



Manuel Joaquín Louro Domínguez (1º B Bacharelato), gañador de Bacharelato.

Yosune Trillo Santiago (CAE), gañadora de ciclos formativos.



Noraboa aos tres polos vosos magníficos traballos!

O vindeiro martes, 26 de novembro, durante o primeiro recreo, terá lugar na biblioteca a entrega de premios, que consistirá nun vale de 20 euros para gastar nunha librería da zona.





No hay comentarios:

Publicar un comentario