17/11/19

Recursos para a celebración do Día contra a Violencia de Xénero

O vindeiro 25 de novembro celébrase o Día Contra a Violencia de Xénero. Por iso, desde a Biblioteca do IES Agra de Raíces, desexamos compartir con toda a comunidade educativa do centro un listado de recursos e actividades de diverso tipo para conmemorar esta data nas aulas e concienciar ao noso alumnado da necesidade de rexeitar calquera actitude machista e agresiva para defender as liberdades individuais e sociais.

As seguintes ligazóns conteñen múltiples materiais para abordar esta temática desde diversos puntos de vista. Neles, podedes atopar cancións, videoclips, curtametraxes, actividades para plantexar esta cuestión na titoría ou no seo doutras materias, noticias publicadas na prensa arredor desta problemática, exemplos de sexismo nas redes sociais, campañas contra a violencia de xénero nos medios de comunicación, propostas e guías de traballo para o profesorado, recomendacións de películas, xogos e lecturas para transmitir unha clara mensaxe de igualdade e liberdade. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario