28/1/20

Recomendacións literarias e cinematográficas para a celebración do Día da Paz

A Biblioteca do IES Agra de Raíces preparou unha guía con recomendacións literarias e cinematográficas con motivo da celebración do Día da Paz, que terá lugar o vindeiro 30 de xaneiro. Convidámosvos a achegarvos á nosa biblioteca para levar en empréstito algunha das obras que forman parte das suxestións que vos ofrecemos, así como para coñecer de primeira man os materiais que integran a exposición arredor desta temática que podedes visitar dende hoxe. 

Trátase dunha boa oportunidade non só para reflexionar sobre a importancia deste concepto e deste dereito fundamental do ser humano, senón para poñelo en práctica e descubrir aquelas accións individuais que están ao noso alcance e coas que podemos contribuír á creación e convivencia nun mundo mellor.






No hay comentarios:

Publicar un comentario