A Biblioteca do IES Agra de Raíces decidiu conmemorar de
maneira conxunta para este curso o Día de San Valentín (14 de febreiro) e o Día
de Rosalía de Castro (24 de febreiro). Para iso, organizouse unha exposición
con obras da autora galega, ou ben que xiran arredor da súa traxectoria
literaria. Podedes visitala na nosa biblioteca ao longo destes días e animarvos
a levar algún dos seus textos en empréstito.
Ademais, os axudantes da biblioteca de 4º ESO prepararon
unhas postais co selo de Rosalía, que repartiron polas clases, convidando aos
seus compañeiros/as a enviar ao destinatario que eles elixisen unha mensaxe de
amizade, de amor ou algún verso da autora de Padrón para celebrar as dúas datas
coma se dun canto á convivencia harmónica que tanto anhelaba Rosalía se
tratase.
A actividade gozou dun éxito clamoroso. Durante toda a
semana do 10 ao 14 de febreiro, o buzón disposto para a ocasión na biblioteca
do centro non deixou de recibir postais. As nosas voluntarias clasificaron toda
a correspondencia durante a mañá do venres para entregar todas as tarxetas ese
mesmo día.
Moitas grazas a todos/as pola vosa participación na
actividade e por festexar connosco dúas datas tan significativas. Asimesmo,
queremos expresar o noso agradecemento especialmente aos voluntarios da
biblioteca que traballaron arduamente estas últimas semanas na confección,
distribución e reparto das postais rosalianas da amizade e do amor!
No hay comentarios:
Publicar un comentario