O luns, 10 de febreiro, visitou o noso centro a poetista e
ilustradora Ana Santiso para participar nun encontro literario co alumnado do
club de lectura, os estudantes de 4º ESO e os que cursan a materia de
Coeducación para o século XXI, de 1º Bacharelato.
A actividade comezou cunha presentación da autora realizada
polas cinco alumnas do club de lectura de 1º ESO. A continuación, os estudantes
de Coeducación entrevistaron á artista, interrogándoa sobre a súa traxectoria
profesional e literaria, as técnicas gráficas que emprega nas ilustracións dos
seus propios textos e das obras doutros autores cos que colabora, así como
sobre a súa interesante e intensa actividade como muralista.
Finalmente, Ana falou máis polo miúdo das artes gráficas
que ela practica e do proceso de composición das imaxes, partindo sempre de
modelos da realidade para imprimirlle logo o seu selo persoal e creativo. Para
que o auditorio puidese coñecer de primeira man o desenvolvemento da súa
técnica, acompañou as súas explicacións de bosquexos que mostrou ao público e
de imaxes dixitais en distintos procesos de elaboración, de forma que se
puidesen ir observando as distintas fases no tratamento das mesmas ata chegar
ao resultado final desexado.
O salón de actos do centro, que acolleu esta primeira parte do encontro con Ana Santiso, de 10.25h a 12.05h, decorouse para a ocasión coas caricaturas que os estudantes de Debuxo artístico de 1º Bacharelato realizaron arredor da figura da autora. Queremos expresarlle o noso agradecemento tanto aos alumnos pola súa inestimable colaboración, coma á súa profesora, Mirta Pequeño, por guiar o traballo e orientalos cara a consecución de resultados finais de extraordinaria calidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario