O pasado luns, 10 de febreiro, Ana Santiso visitou o noso centro para manter un encontro literario co alumnado do club de lectura, da materia de Coeducación para o século XXI e cos estudantes de 4º ESO. Tal e como informamos nun post anterior, a autora realizou unha presentación da súa obra e da técnica gráfica que emprega para dito auditorio no salón de actos do instituto, de 10.25h a 12.05h.
A continuación, de 12.25h a 14.05h, Ana Santiso dirixiu un obradoiro de escritura creativa, no que participaron os membros dos distintos grupos de lectura do centro e o alumnado da materia de Coeducación de 1º Bacharelato. A autora propiciou entre os alumnos a creación dun texto poético orixinal. Para iso, tomaron como modelo os poemas da súa obra Cidade Cemento. Sobre esta base, os estudantes compuxeron odas a aqueles lugares que evocaron a través da imaxinación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario