O equipo da Biblioteca do IES Agra de Raíces, en colaboración co equipo de Dinamización lingüística do centro, preparou unha reportaxe fotográfica arredor da atención que Rosalía de Castro dispensou á Costa da Morte (especialmente a Muxía, na que pasou unha tempada) na súa obra literaria, facendo un percorrido polas paisaxes que a inspiraron. É o caso do Monte Corpiño, o antigo Mosteiro de Moraime, a ermida de San Roque, o Santuario da Barca ou o Camiño desde Santiago a Muxía. Non deixedes de visitar esta exposición, situada no andar 0 do noso instituto, ao lado das escaleiras que conducen á biblioteca, e de asociar cada un destes lugares cunha composición poética creada pola autora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario