8/3/20

Día de Muller (8 de marzo)

Para conmemorar o Día de Muller (8 de marzo), a Biblioteca do IES Agra de Raíces preparou unha exposición cunha coidada selección dos nosos fondos bibliográficos e cinematográficos arredor do tema, que se atopa situada nas escaleiras do andar 0 que conducen á nosa biblioteca. Non deixedes de botarlle un vistazo á escolma de textos e vídeos que escollemos para vós e de visitar tamén a biblioteca do centro en busca de outros materiais semellantes, pois dispoñemos dunha ampla gama de contidos ao respecto. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario