O alumnado de 3º A ESO de Lingua castelá e Literatura, animado e guiado pola súa profesora Lara Trillo, deu mostras, nestes tempos de confinamento e aprendizaxe virtual, dunha extraordinaria creatividade e dunha notable capacidade e madurez para o traballo en equipo ao compoñer un relato conxunto. Este leva por título "Historias para no dormir. El sueño, los enanos y los alienígenas". Non vos perdades este magnífico relato de terror que nace da orixinalidade dos nosos/as alumnos/as.
Parabéns aos estudantes de 3º A ESO e á súa profesora Lara Trillo por demostrarnos que o ensino e a creación lúdica han de ir sempre da man.
No hay comentarios:
Publicar un comentario