O vindeiro domingo celebramos o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ricardo Carballo Calero. Para coñecer mellor a figura deste ideólogo, escritor e promotor da nosa cultura, a Real Academia Galega puxo en marcha o proxecto "Primavera de Letras", vinculado ao autor homenaxeado: https://primaveradasletras.gal/
Nesta ligazón, pódense atopar infinidade de recursos educativos para o achegamento á obra e ao pensamento de Carballo Calero. Non deixedes de visitar esta páxina, que propón unha viaxe interdisciplinar fascinante arredor da súa figura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario